31 de maio de 2007

ENTREVISTA CO DELEGADO DE MEDIO RURAL

No mes de xaneiro de 2006, tres membros da Directiva da Asociación "Amigos dos Pendellos", acompañados polo tenente-alcalde, Juan Coego, e o concelleiro do BNG, Xosé Ramón Blanco na Corporación Municipal acudimos á Delegación Provincial de Medio Rural en Pontevedra para manter unha entrevista co Delegado, D. Gonzalo Constenla Bergueiro. Pediuselle axuda para intervir na restauración do recinto feiral e saímos de alí coa promesa de apoio económico e co compromiso de fomentar o uso feiral dos Pendellos. Se ben nos requeriu axilizar a compra dos Pendellos e facer de intermediadores e coordenadores das diferentes administracións.
A foto recolle o momento da entrevista celebrada no salón de xuntas da Delegación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario