16 de maio de 2007

A FESTA DA FALA

Hai xa 25 anos tiven unha alumna, Isabel Fernández López de Perillo (Oleiros), que levaba a poesía nos ollos con tan só trece anos. Aquel maio de 1982 escribiu un poema do que vos ofrezo un fragmento. Era unha nena castelán-falante como a maioría dos seus compañeiros e non sei en que lingua falará agora. Pero o que escribiu, sentiuno en galego.

O dezasete de maio
reina unha gran ledicia,
xa entrada a primavera,
viste de festa Galicia.
Hoxe é dezaseis de maio
empezan a abrir as flores
para presentarse mañá
cheas de vivas cores.
¿Que che direi, meu neniño,
para que lembres este día?
Un "meu amor" en galego
sei que non o esquecerías.
Dígocho en galego
que non en castelán,
porque é festa na miña terra
e así a quero celebrar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario