É o lugar máis apartado da parroquia de Eidián. De feito orientan as súas vidas máis cara a Basadre e Santiso que cara a Eidián. Está na ribeira do Ulla, que pasa a menos de cen metros das casas. As terras que se ven detrás da aldea xa corresponden a Chorén e Barazón no veciño concello de Santiso.
Aquí viven catro familias e hai algunhas casas en estado de ruína avanzado.
A foto está sacada desde as inmediacións do antigo recinto castrexo, unha xoia digna de conservar e revalorizar como expoñente da vida prerromana das nosas aldeas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario