No salón de plenos do Concello de Agolada colga este cadro que recolle un dos recantos máis singulares dos Pendellos. Pintouno un recluso (do que descoñezo o nome) do cárcere de Monterroso por encargo expreso do Concello. Mediou Pepe Rivas, veciño de Agolada e funcionario no devandito cárcere.
A pouco que se observe son moitos os que aprecian este vello recinto como escenario fotográfico ou como motivo de inspiración plástica. Por algo será...
Ningún comentario:
Publicar un comentario