3 de maio de 2007

RESTAURACIÓN DOS PENDELLOS

Onte aparecía publicado na prensa que a Deputación e a Consellería de Cultura chegaran a acordo para iniciar as obras de restauración do antigo recinto da Feira nun plazo breve de tempo. A prensa recollíao cun titular que a min, que seguín todo o proceso, non deixou de facerme gracia: A Deputación chega a un acordo con Cultura e desbloquea a restauración dos Pendellos. Iso quere dicir que o tiñan bloqueado. Ou non se entera a prensa ou non había colaboración por parte da Deputación. Porque a realidade é a que segue.
Cando se iniciou o proceso as xestións fixéronse diante de moitos organismos. Ao ver que sen a titularidade pública non se podían facer investimentos oficiais, de acordo co alcalde de entón, Manuel Costa, decidiuse facer as xestións a dúas bandas: por unha parte o concello falaría coa Deputación para tratar de comprar Os Pendellos e por outra parte A Asociación Amigos dos Pendellos pediría que a Consellería de Cultura fixese as obras de restauración. Conseguidos os dous obxectivos son as administracións as que teñen os mecanismos burocráticos correspondentes para executar as obras.
Eu non vexo que a Consellería de Cultura viñese de intrusa, veu porque a chamamos e gracias que lle damos. E a Deputación tamén lle damos as gracias por ter comprado os Pendellos.
O resto é querer poñer pelouros no camiño preelectoral e na loita partidista. Iso a nós nin nos interesa nin nos convén. Queremos obras, que Agolada as necesita. Amén
Na foto vemos a Rúa da Parranda en 1966, once anos antes de que a tirasen. Agardamos poder vela así ou parecido algún día. É unha aspiración lexítima, posible, honesta, necesaria e irrenunciable.

1 comentario:

  1. Aí falaches. Busto dixit. NOn me estraña que a xente te queira tanto. como di un que ben quero "a prensa ten conta do que lle poñen".

    ResponderEliminar