3 de maio de 2007

DESDE O CASTRO MARCELÍN

A mañá marceña esperta baixo a saba da brétema. Desde o Castro Marcelín ollando en dirección suroeste albíscanse no lonxano horizonte os perfís do Carrio e do Candán. Era este castro atalaia e vixía das distancias. Na cunca que se derrama cara o Arnego as aldeas asoman cos seus tellados de arxila húmida: Friufe, Carral, Velpellós... A natureza espreguízase ao compás das tímidas raiolas do sol.
Da outra banda do río, as terras de Lalín e Vila de Cruces son só un lene debuxo cincento.

2 comentarios:

  1. Si, os da outra banda do rio...
    Mesmo me recorda aquel debuxo de Castelao onde o rapaz lle preguntaba ao vello se a xente do outro lado do rio eran máis extranxeiros que os de Madrit :-)
    Unha aperta de adibal, Manolinho.

    ResponderEliminar