14 de maio de 2007

SOLPOR NO VERÁN DE VENTOSA

O sol da tarde é un faro entre os nimbos con auréola de roibén, é un ollo rutilante do gran cíclope do ceo, é un burato refulxente, é un manacial de luz.
A paisaxe no luscofusco é un cromo de siluetas grises, Ventosa vaise apagando e a igrexa é un tellado, un campanario, unha cruz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario