
Así son as paisaxes características da penichaira de Agolada, unha sucesión de bosques, prados e campos. O bosque é maiormente autóctono: carballos, bidueiros, salgueiros, castiñeiros e unha importante presenza de piñeiros. O sotobosque fórmano as xestas, os toxos, as carqueixas, as uces, as carrascas, as silvas, os fentos... E cada paisaxe ten varias fontes e un regueiro que as conduce polas quenllas na procura dos ríos adultos. Cada regueiro varias pontellas para o paso do gando e máis do carro. E á beira o muíño do relón.
Os campos semellan taboleiros divididos por valados, por sebes e comareiros. Os prados na primavera son alfombras de luz con música de grilos cantores. O bosque é o refuxio das sombras, a morada dos raposos, dos esquíos e dos mouchos...o edén dos soñadores.
Así son as paisaxes mentres non veñan desgracialas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario