15 de maio de 2007

AS FESTAS CAMPESTRES

A Saleta de As Trabancas e O Carme de Esperante eran as festas que gozaban de máis tradición na zona norte do concello para ir xantar de campo á sombra das carballeiras frondosas. Tamén era boa ocasión para se retratar en familia e deixar un souvenir para o futuro.
Nesta foto aparece a familia Caldeireiro e a familia de Sidorio (estaban emparentadas). Tamén están Urbano Fernández, da droguería, e Pepita Fraga, a súa dona, con sombreiro. Á dereita está o señor Constante de Caldeireiro e á beira del Xosé García da casa de Sidorio. Con eles os seus fillos e os netos: Dorcito, Xosé Luís, Tilucha e Toñito. Tamén Pepe, Daniel e Guillermina do Sidorio. Con viseira María del Carmen Cumplido e diante dela Virxilio García.
O lugar da foto era o campo da festa de Esperante, no Casal.
Foto do álbum de Xosé García Piñeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario