15 de maio de 2007

PORTA CON ARESTAS EN BISEL EN BASADROA


Xosé Manuel Broz Rei, director do Museo Terra de Melide, autor de varios libros de investigación sobre os concellos da Terra de Melide (Melide, Toques e Santiso), tamén procurou os vencellos que tiveron as terras de Agolada co convento do Santi Spíritus de Melide, especialmente as parroquias ribeireñas do Ulla. Nesta súa procura, reparou nesta porta de Basadroa que presenta como singularidades o paramento de perpiaños e o biselado das arestas do rectángulo que enmarca a porta. Destacan igualmente a inscrición das letas J.G. Acompaño o debuxo feito por Broz e a foto de hai aproximadamente un mes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario