
Hoxe comenta Vanessa de Santiso no seu blog os excesos que actualmente rodean ás celebracións das vodas. É certo que temos percorrido tanto espazo nos comportamentos sociais que os costumes actuais distan moito dos de hai só 30 ou 40 anos. Por iso traio esta foto como expoñente dunha celebración de hai case corenta nos. Varios mozos de Agolada despedían a solteiría de Tito de Outeiro. Arredor dunha cociña (no bar Avenida), con café, algún licor e ata hai quen saborea un habano. Mirada desde a perspectiva de hoxe resulta do máis frugal, sen excesos. Aquela foi unha época na que nada sobraba e na que se lle concedía a cada cousa o seu xusto valor. Os momentos de diversión eran apreciados e disfrutados como tales. Ben se advirte na simpática pose que adoptan mimando ao que vai perder a solteiría.
Os mozos son: Tuchiño, Wences, Pepe de Outeiro e Chiño de Prudencio, arriba; abaixo: Félix de Prudencio, Luís de Outeiro (semioculto tras o brazo de Félix), Tito e César de Velpellós.
Foto do álbum de Tilucha Vázquez García.
Ningún comentario:
Publicar un comentario