4 de xuño de 2007

BRASÓN DO PAZO DE TRASPENAS

É un escudo de feitura antiga, con forma lixeiramente ovalada e apuntada nos extremos. O campo do escudo é cuartelado en cruz e representa no conxunto as armas dos VARELA. No primeiro cuartel trae a roda do suplicio de Santa Catalina de Alexandría, armada con dentes punzantes. No segundo cuartel ten cinco flores de lis postas en sotuer polo seu parentesco coa Casa Real de Aragón e Francia, como reza no seu lema: Os Varela moi nomeados teñen por fama e brasón ser parentes próximos dos Reis de Aragón.
No terceiro cuartel presenta cinco barras e no cuarto unha torre. A bordura é de cadea medieval pechada con candado en punta, que simboliza no armorial español a participación na batalla das Navas de Tolosa no ano 1212.
Traducido do libro Pazos de Deza de César Gómez e Francisco Rubia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario