17 de xuño de 2007

CITAS CÉLEBRES (DA FELICIDADE)

A felicidade do corpo fúndase na saúde. A do entendemento, no saber. (Tales de Mileto).
Só pode ser feliz sempre o que saiba ser feliz con todo. (Confucio).
Ninguén é feliz durante toda a vida. (Eurípides de Salamina).
Sen amor e sen risas, nada hai agradable. (Quinto Horacio Flaco)
Todo o mundo aspira a unha vida feliz, pero ninguén sabe en qué consiste. (Séneca).
Ninguén é feliz a menos que crea selo. (Publio Siro).
Quen fai rir aos seus compañeiros merece o paraíso. (Mahoma).

2 comentarios:

  1. Mui boas todas. Quedo coa que di que un é feliz se cre que o é de verdade.

    ResponderEliminar
  2. nalgún recanto lin unha vez que darwin indagou sobre o tema da felicidade e que a mellor resposta que obtivo deulla un neno, que lle dixo que a felicidade era rir, falar e dar bicos.
    haberá que tomar nota.
    unha aperta, manolo, que por certo, xa ía tempo que non entraba por aquí, xa que estiven a tope estudando

    ResponderEliminar