6 de xuño de 2007

CRUCEIRO DA ALDEA DO MONTE


Na Aldea do Monte, sobre unha rocha, nunha esquina da praciña que hai á entrada do lugar campa esta sinxela cruz. Na outra esquina diametralmente oposta está a capela de San Silvestre.
Aquí nesta praza, ao aire libre, fixemos unha proxección multimedia o ano pasado para presentar un documental sobre o monte Farelo. Aos veciños gustoulles moito, a nós gustounos a devoción con que asistiron e o agradecemento que nos amosaron.
Ninguén lembraba nada semellante na aldea. Os actos culturais merece que vaian ás aldeas. E os concellos deben evitar centralizar todo no mesmo sitio. Se non hai locais débese aproveitar o verán para facer algo no exterior. A nós quedáronnos ganas de repetir a experiencia en máis lugares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario