Aquel camiño antigo é o mesmo que aparece na foto, xa asfaltado. Aquí á beira está un dos dous cruceiros que hai na parroquia. Cruceiro de factura convencional, característico deste concello, con basamento-pedestal, fuste prismático biselado, capitel moldurado e cruz con brazos rematados en punta de diamante, sen iconografía.
Consérvase en bo estado, pero merecería máis atención e protección e que se lle quitase unha cruz de mármore que está adosada cun arame á de granito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario