10 de xuño de 2007

ELEMENTOS DESTACABLES DO PAZO DE MOAS (BRÁNTEGA)

Na foto superior vemos o escudo do pazo situado sobre a portada de entrada con arco de medio punto. O brasón é unha peza inédita na heráldica da comarca. Está realizado con granito de boa talla. O escudo é partido. No primeiro cuartel presenta unha torre con león rampante á destra, surmontado por tres luceiros, armas que corresponden ao apelido GIL. No cuartel siniestro amosa tres táboas postas no pao con oito caldeiros arredor, que corresponden á liñaxe dos TABOADA. No timbre ten coroa real, tallada en voado. Rodéase con decoración de volutas. (Traducido do libro Pazos de Deza de César Gómez e Francisco Rubia)

A ambos lados do escudo encóntanse dúas lápidas orladas con cadea pechada e con inscricións. Na primeira lese: POR MDº DE D Pº GYL TABOADA. Na segunda (a da foto da esquerda) di: ANO DE MDCCXXXVIII


Parte interior da portada vista desde o corredor da casa.
Ménsulas de dobre corpo sosteñen o enlousado do corredor na fachada leste do pazo. Ao fondo tamén pode observarse a escaleira que arranca da portada e ascende ao corredor.
O corredor presenta un estado aceptable. O chan está formado por cinco tramos de lousas de granito. A varanda presenta cinco columnas con arranque de pedra complementado con madeira. Só os balaústres da varanda foron substituídos por tabiquería de ladrillo enfoscado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario