É hora de que faga un pouco de xustiza coa parroquia de Ramil porque poucas entradas lle levo dedicado, como non sexa as veces que vos falei das Torrentes do Ulla. A súa situación nunha esquina do municipio fai que poucas veces cheguemos alá.
A parroquia é pequena, só ten dúas aldeas: Ramil (na foto) e Outeiro. É colindante con Basadre e Eidián. O río Ulla bordea a aldea. Da outra banda está o concello de Palas de Rei, na provincia de Lugo. A 3 quilómetros desta aldea encóntrase o castelo de Pambre e o Hotel-Balneario de Sambreixo está a uns seis ou sete quilómetros na mesma dirección.
Dos edificios desta parroquia destacan a súa igrexa románica e unha casa fidalga en Outeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario