De vez en cando aínda se encontran fragmentos dos antigos camiños que comunicaban as aldeas. Por aquí agora non hai viandantes que se desplacen desde Amance a Basadroa ou viceversa. Só se emprega para chegar ás fincas, de monte a maioría.
Este tramo gustoume especialmente por ir emparedado entre valados e abovedado por carballos.
A foto é de marzo deste ano, nunha mañá de sol que se filtraba a través das árbores espidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario