8 de xuño de 2007

AS VELLAS BICICLETAS

Na foto de arriba Enrique de Prudencio amosa o seu orgullo ciclista entre Alfonsina de Blanquito (á esquerda) e Chichita de Ricardo.
Para acrobacias temos esta imaxe de Pepe de Víctor baixando o Alto de Corres.
Foi na época na que ter unha bicicleta era un privilexio, un vehículo que xa daba unha mobilidade e independencia inusitadas.


Pepe de Víctor cun compañeiro en cadansúa bici. O ciclismo daquelas, máis que un deporte era un transporte e unha diversión.

Xosé García Piñeiro (Pepe de Caldeireiro) coa súa bici.


Xosé García Piñeiro (de pé) cunha fermosa bicicleta á que non se lle ven as varillas dos freos. Foto dos anos 30.



Fotos dos álbumes de Alfonsina Blanco, Lupe Vilariño e Xosé García Piñeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario