Onde non caben mesturas nin polémicas polas orixes é nos equipos de fútbol que coñecín en Agolada sendo neno. Sobre todo nas festas de San Pedro, cando se disputaba o derbi Solteiros-Casados (¿como aliñarían aos viúvos?). Eran todos da vila e con moita fogaxe.
Eis a foto. Tres futbolistas no campo do Hospitalillo (Pepe de Outeiro, Félix de Prudencio e Xosé Vázquez Pintor). Detrás, con sombreiro, o señor Eduardo de Outeiro. O resto da xente non a identifico.
A foto é do álbum de Xosé Vázquez Pintor, quen puxo neste deporte tanta paixón que mesmo chegara a probar sorte para entrar no Deportivo de A Coruña. Aínda hoxe vive o deporte en xeral e o fútbol en particular con entusiamo elevado.
Isto si que é novo para min: Pintor probou no Dépor...!
ResponderEliminarE está claro que non o ficharon, por iso se vengou deles no "Lume de biqueira".
A ver se resulta que os celtitas de verdade somos menos. En realidade, a tradición en Laro é ser do Pontevedra dos tempos do "hai que roelo", pero eu cheguei tarde a iso e fun máis ó sur.