Hai menos de dous anos, fixen unha excursión en bici polos camiños forestais que percorren a dorsal da serra. Estaban a rematar o parque eólico. Sentín as contradicións de sempre: enerxía limpa sí, pero non a costa de estropear visualmente as paisaxes e de arar os montes coas pistas e cos cableados.
Daquel día é esta foto. Está obtida ollando desde o cumio cara a Oseira. O día de decembro era nítido e as vistas espectaculares porque se podían albiscar as principais montañas de Galicia: Ancares, Courel, Pena Trevinca, Manzaneda, San Mamede, o Candán, A Serra da Loba...
Ningún comentario:
Publicar un comentario