14 de xuño de 2007

GRUPOS ESCULTÓRICOS DA IGREXA DE VENTOSA

A igrexa de Ventosa é de por sí unha xoia románica que se ve incrementada pola presenza de dous importantes conxuntos escultóricos de granito policromado.
Na foto da esquerda vemos o sartego do abade Lope de Ventosa, peza que arranca desde o chan e acada o teito. Está situado na entrada do templo, no paramento dereito. O sartego con estatua xacente está enmarcado por un arco de medio punto e presenta pinturas no tímpano. O arco de dobre arquivolta aparece profusamente labrado e sobre el hai dúas reas de figuras en altorrelevo cun Pantocrátor baixo dosel presidindo o conxunto desde o alto.
O segundo grupo (foto de abaixo) pertence a un antigo baldaquino e conserva todas as pezas, que se sacaron da súa antiga ubicación para adosalas ao muro esquerdo da igrexa. Representan diferentes escenas bíblicas.
As dúas pezas crese que pertencen ao século XV.

1 comentario: