Igrexa parroquial de Santa Aia de Artoño, dunha soa nave, construída nese estilo ecléctico rural que tan ben conxuga elementos do barroco cos neoclásicos. Presenta o presbiterio sobreelevado e sancristía lateral.
Sigo opinando que os cemiterios á beira das igrexas réstanlles relevo e carácter aos templos e convértenos nunha mestura de materiais indixerible.
Detrás da igrexa, pode verse na foto de arriba, o lugar de Buxel.
Non cocncordo. Os cimiterios singularizan e identifican tanto ou máis ca a igrexa o concepto de parroquia, O problema son os cimiterios de nichos; os primitivos na terra non presentan eses problemas.
ResponderEliminarEn absoluto disentimos. A grande aberración dos cemiterios comezou cos nichos e sobre todo cos mármores e granitos puídos. E coas alturas dos nichos. Covertéronse en grandes murallóns que afean os adros e empequenecen os templos. Eu son partidario dos enterramentos en terra. De aí vén o verbo en-terra-r.
ResponderEliminarGrazas polo comentario.
Un saúdo.