6 de xuño de 2007

CASA FIDALGA EN BUXEL

Buxel é unha aldeíña da parroquia de Artoño da que caben destacar dúas casas fidalgas que perderon moitos dos elementos que lles deron importancia no pasado.
O casal que amoso na foto conserva a capela do Santo Anxo da Garda e o brasón nun ángulo superior da fachada da casa. É o mesmo escudo da casa de Traspenas (situada a menos de dous quilómetros de distancia), polo que se supón que os propietarios deste casal serían unha rama da familia de Traspenas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario