27 de xuño de 2007

O ENORME SOBREIRAL

O Sobreiral é o mellor bosque que nos queda no concello de Agolada. É unha fraga de bosque mixto onde medran carballos, castiñeiros, ameneiros, bídalos, sanguiños, algún freixo, piñeiros e fundamentalmente sobreiras.
A maioría do sobreiral corresponde á Zarra da Pena, chousa de monte pechada con valado de pedra que pertence desde hai séculos á casa pacega de A Pena.
É un espazo protexido pola Rede Natura 2000 e goza da declaración LIC (Lugar de Interese Comunitario).
Recentemente fixéronse labores de desbroce da bouza e tronza das sobreiras danadas. Agora cómprelle un tempo para se repoñer. Eu víao máis natural antes de lle pasar os tractores e as motoserras.
Para que vos deades unha idea do tamaño das sobreiras quixen acompañar a entrada cunha foto dun dos camiños nos que se poden observar uns excursionistas de domingo.

1 comentario:

  1. se é na realidade a metade do bonito que se adiviña nas fotos, bueno!!! ben merece unha visita e mil visitas!

    ResponderEliminar