22 de xuño de 2007

O FARO DE VENTOSA

A festa do Faro de Ventosa é na actualidade, sen dúbida algunha, a mellor festa que se celebra na contorna rural e por suposto no concello. Houbo un tempo en que rivalizou en categoría coa Saleta de As Trabancas. Uns anos o San Pedro de Agolada foi capaz de atraer máis atención e grupos musicais máis atractivos. Nos últimos 15 ou 20 anos, a parroquia de Ventosa volcou todo o seu orgullo en acadar as mellores festas. E conseguírono.
En 1980, Ton von Vliet recollía o momento en que a procesión coa imaxe de María Auxiliadora daba a volta arredor do cruceiro do campo da festa. De seguro que detrás iría a banda de música tocando mentres as campás repican con alegría e as bombas estouran ritmicamente.
As festas do Faro celébranse os días 8 e 9 de Setembro, sendo o día 9 o día grande. Coincide nas datas coas festas que se celebran na capela que hai no cumio do Monte Faro. Posiblemente de aí lle veña o nome á festa de Ventosa: da simple coincidencia das datas.

3 comentarios:

  1. Hola!!! primeiramente noraboa polo blog. Nótase que amas o teu pobo. Explicome; somos dous rapaces que temos que facer un traballo para a xunta, que consiste en localizar e estudiar todos os cruceiros e petos de animas dos Concellos de Agolada e Rodeiro, así cheguei a localizar o teu interesante blog.Queriache preguntar si sabes de masi cruceiros aparte dos que comentas aqui.Xa que nos sería de gran axuda.Tamen localizamos outro blog en internet http://ospendellos.blogspot.com/

    non sei si tamen o levas tu. muitas gracias.un saudo

    adrianpaz85@hotmail.com


    http://ospendellos.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  2. Ola Adrián, grazas polas túas palabras. Si, teño moitos máis cruceiros de Agolada recollidos en fotos. Paréceme que os teños case todos. Pode faltarme algún, sería por que descoñecese o lugar.
    Eu non son o autor do blog ospendellos.blogspot.com. É do meu amigo Ángel Utrera. El tamén posúe moitas fotos de cruceiros de Agolada.
    De Rodeiro teño algo pero moito menos. Cando teña catalogado todo o concello de Agolada tocaralle aos dos arredores.
    Enviareiche noticia por e-mail para que vos comuniquedes comigo.
    Alédame saber que hai xente interesada no noso patrimonio.
    Un saúdo cordial

    ResponderEliminar
  3. Pos muitas gracias, xa contactei con Angel , muy bon rapaz, e muy amable.Notase que sois dous rapaces que querees muito ó voso fermoso pobo.un saudo.

    ResponderEliminar