É unha das parroquias máis pequenas do concello, en extensión e en poboación. Posúe só tres aldeas: A Costa, O Seixo e O Souto (topónimos que aluden á xeografía, á xeoloxía e á botánica).
Está situada nas ribeiras do Ulla, anque o río discorre polo fondo do val a menos de un quilómetro das primeiras casas.
Vive básicamente da gandeiría e a agricultura.
A igrexa e o castro presiden a parroquia desde a parte alta dos campos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario