O 17 de abril A Voz de Galicia pechaba na contraportada con esta nova que destaca a presenza dunha paisaxe galega no despacho da raíña Sofía.
Non é de Agolada, xa quixeramos, pero si é dun lugar que ten moito que ver comigo. Durante tres anos seguidos espertei a cotío coa silueta do milenario ciprés ollada a través dos cristais.
Aos pés do ciprés repousa a humilde e fermosa capela do Salvador, de estilo mozárabe. No 1975 fotografeina eu, como vedes nas fotos de branco e negro. Desde entón fíxose moito por mellorar o entorno e restaurouse completamente o interesantísimo templo prerrománico.
Aos pés do ciprés repousa a humilde e fermosa capela do Salvador, de estilo mozárabe. No 1975 fotografeina eu, como vedes nas fotos de branco e negro. Desde entón fíxose moito por mellorar o entorno e restaurouse completamente o interesantísimo templo prerrománico.
Capela e ciprés aparecen no escudo do Mosteiro de Samos desde tempos inmemoriais. O lugar é tan fermoso que se cita como un dos escenarios posibles da lenda do monxe e o paxariño, atribuída en Samos ao monxe e abade San Virila.
Por iso non me estrañou en absoluto a decisión da raíña Sofía cando, ao coñecer o lugar, lle pediu a Xavier Pousa que llo reproducise no cadro que aparece arriba coa noticia. Só podo concluír dicindo que a raíña posúe un gusto paisaxístico exquisito.
Capela e ciprés inspiraron os seguintes versos de Ramón Cabanillas:
Capela e ciprés inspiraron os seguintes versos de Ramón Cabanillas:
Millenta soles deron volta ó mundo
desque unha santa man benedictinachantou en terra este alciprés votivo
cabo da ermida.
(...)O tronco forte, ríxido e cincento
enmantado en follaxe verdemoura,
vive sereno, estático, calado,
místico ensoño.
(...)
Enxergado no val viu ledizoso
fender as mouras laxes pizarrentas
e asentar do mosteiro os alicerces
pedra por pedra.
(...)
Por raíña e señora ten a ermida.
En servicio perenne, foi lañado
pola estocada súbita de ardente
fúlxido raio.
(...)
Irmán dos graves monxes silandeiros,
símbolo da pregaria e do recato,
resalta e loce no abacial escudo
¡gloria de Samos!
Amigo querido, e un pracer e unha gran morrinha asomarse a esta "casinha de palabras" (que di Pintor) a poucos metros da zona cero, no mesmo corazon do baixo Manhattan, onde me atopo de viaxe. Unha forte aperta
ResponderEliminar