5 de xuño de 2007

PENA CABALADA

O Farelo é un cúmulo de rochas graníticas con formacións caprichosas. As rochas que coma a da foto aparecen apoiadas sobre outras, que se formaron por fragmentación e erosión ao longo dos séculos, denomínanse PENAS CABALADAS ou PENAS CABALEIRAS. Algunhas delas son suceptibles de ser movidas ao se poñer sobre elas, nese caso tamén lles chamamos pedras ABALADOIRAS ou pedras de abalar, como a da Virxe da Barca en Muxía. No Farelo hai bastantes pedras abaladoiras, non é o caso da da foto.
Esta imaxe está tirada no Farelo Pequeno e a aldea que se percibe ao fondo é As Trabancas, no lugar da Igrexa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario