6 de xullo de 2007
DE PASEO POLO SOBREIRAL
Das múltiples veces que visitei o Sobreiral, unha delas foi guiada por Marcial Barral Vázquez, quen nos ía relatando as marabillas que os nosos ollos certificaban: río, tostas, muíños, camiños, sobreiras, trobisco, ameneiros, cortiza, portugueses, fungos... Era un día de xullo de intensa calor, o sol estaba no cenit e os termómetros tinguíanse de vermello. A comitiva era numerosa, comprometida coas excelencias do fermoso bosque que baña o Arnego ao chegar a Carmoega. Houbo momentos para as preguntas, para desengraxar as cámaras fotográficas, para a suor e para a amizade.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario