Non é difícil imaxinar a impresión que debeu causar en Ton von Vliet a vida das nosas aldeas a finais dos anos 70. El viña de Holanda, dun medio urbano, e moitos dos nosos costumes chamáronlle a atención por arcaicos e diferentes. Tamén a nosa maneira de asistir á misa. En Holanda, dixo, asistía menos xente á misa e había menos igrexas.
A min desta foto sorpréndeme que fose capaz de a sacar sen que ningún dos retratados estea mirando cara o fotógrafo.
Na recente visita que fixo a Agolada contounos unha anécdota que evidencia claramente as múltiples diferenzas que encontrou aquí respecto do seu país. Ton e o seu compañeiro Jeroen montaron unha tenda de campaña á beira da Central de Hidroeléctrica do Arnego e alí durmían nas súas vacacións. Para comer acudían ao Merendeiro do Arnego. Pronto fixeron amizade cos propietarios. Un día, Servando, o dono do Merendeiro, pediulle a Ton que lle fixera unha boa foto do restaurante. Para iso distanciouse ata un outeiro próximo, da outra banda do río. Unha vez alí, apuntou a cámara cara o restaurante e comprobou que anque variase a posición, unha pequena árbore chafáballe a foto. Contrariado por iso fíxollo saber a Servando, que o acompañaba. Entón Servando, desde alí berroulle á súa muller dicíndolle que collese unha machada e que cortase a árbore. Foi cousa case inmediata, ante a enorme sorpresa de Ton que pensaba cómo no seu país se necesitan varios permisos e agardar un tempo ata que concenden licenza para tronzar unha árbore.
ás veces, o que se ten de bo, tamén se ten de malo.
ResponderEliminar