Hai días nos que o ceo
é unha bubela
co arco da vella nas plumas.
Hai noites nas que a mourenza
semella un estorniño
con peteiro de lúa.
Hai menceres que son música,
sinfonía de asubíos
nos curutos e nas veigas.
Hai solpores que son ríos
de cereixas e laranxas
con zumes de primavera.
Hai veráns para a ledicia
con ledos xílgaros ceibos
sen gaiolas nin rancor.
Hai invernos de nubeiros,
de prantos coma agullas
cravadas no interior.
Hai na vida mil camiños,
uns con silvas e toxais,
outros de puro algodón.
é unha bubela
co arco da vella nas plumas.
Hai noites nas que a mourenza
semella un estorniño
con peteiro de lúa.
Hai menceres que son música,
sinfonía de asubíos
nos curutos e nas veigas.
Hai solpores que son ríos
de cereixas e laranxas
con zumes de primavera.
Hai veráns para a ledicia
con ledos xílgaros ceibos
sen gaiolas nin rancor.
Hai invernos de nubeiros,
de prantos coma agullas
cravadas no interior.
Hai na vida mil camiños,
uns con silvas e toxais,
outros de puro algodón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario