O camiño da imaxe é un camiño veciñal, bastante ancho para ser só un camiño que vai ás chousas. Sobe desde Agolada ata o Coteimil, monte este de nome claramente de orixe xermánica. Teño lido que o sufixo -mil nos topónimos falaría dun guerreiro ou soldado. ¿Podería ser este o Guerreiro do Coto? Pourquoi pas? O Coteimil é un monte que destaca no horizonte, mais non rebasa os 650 m., pero o que lle aporta interese son as necrópoles de mámoas e os petroglifos. Tamén é o monte dalgúns dos nosos magostos infantís, o do pastoreo do gando e o da Pena Merenda e da Cadeira da Raíña (a Silla da Reina).
6 de xullo de 2007
CAMIÑO NEVADO

Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario