É encomiable a empresa que con tanto ánimo iniciou Paco Lareo e segue a día de hoxe nesa entrega calorosa e altruísta.
O acto comezou coa presentación de dous libros editados por Edicións Fervenza: "Camiño de volta" de Paco Lareo, quen falou da xénese e das anécdotas que arrodearon ao libro e Manuel Fragoso fíxoo sobre "A primavera continuará".
Completou a presentación Carlos Loureiro.
A segunda parte do acto consistiu na entrega das medallas da Casa-Museo A Solaina .
Unha delas correspondeulle ao amigo Paco Penas de Dorvisou, quen ten xa unha longa relación coa Solaina.
Outra foi para Antonio Costas Baquero.
O terceiro galardoado foi o amigo David Otero.
Outra actividade importante da tarde foi a actuación do Mago Antón. Enxeñoso, prodixioso, simpático, ocorrente, próximo, amigo...mago
O número da guillotina quizais fose o que espertou máis espectación, medo, gargalladas. Marabilloso e profesional.
Algúns non eran capaces de soportar a visión da afiada coitela sobre o pescozo do sufrido Manuel.
Finalmente á mamá non lle quedou máis remedio ca levar o rapaz fóra da Solaina, non foi quen de o convencer de que aquilo non era de verdade. Tal era o realismo que o Antón lle poñía.
Os demais non fomos capaces de coutar as gargalladas pola situación hilarante.
Outra actividade organizada nesta VIII Forxa é unha exposición coas magníficas fotos de Paco Penas de Dorvisou.
Paco e máis eu coñécemonos por Internet a través dos respectivos blogs. El en Tenerife e eu entre Agolada e Lalín. Hoxe quedamos emplazados en Piloño. Xa eramos vellos amigos.
A anécdota: Hai uns días veu a Agolada para visitarme. Aparcou. Non tiña o meu enderezo postal. Andou polo pobo e preguntou por min. Cando lle indicaron onde vivía comprobou que aparcara xusto diante da miña casa. Anque fose casualidade non deixa de ser curioso. Aquel día non estaba eu na casa. O encontro foi hoxe.
Despois dos actos houbo uns pinchos. O mago Antón aínda aproveitou para sorprendernos cuns incribles trucos coa baralla. Deixounos pampos.
Xa no remate, algúns dos asistentes quixemos retratarnos xuntos: Pedro Guitián, Berta Bodaño, Vázquez Pintor, Mero de A Quenlla, Fernández Abella, o Mago Antón, Alfonso Blanco Torrado, acompañante de Alfonso Blanco, Concha Rodríguez, Manuel Fragoso, David Otero, Mini de A Quenlla, Paco Lareo, Paco Penas e eu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario