Recentemente, os veciños do lugar restauraron a ermida e quedoulles moi agradecida, agás a porta, que rompe a harmonía de materiais esixidos.
A capela é de planta rectangular. Sobre a porta de entrada hai unha pequena hornacina e sobre esta sitúase unha espadaña coroada pola efixie do Anxo da Garda.
O asfaltado do camiño elevou o nivel primitivo e a capela aparece semienterrada. Isto sucede con demasiada frecuencia, non só nos monumentos, senón tamén nas vivendas e edificios. É outro aspecto construtivo que cómpre mellorar.
Aquí en Corme, pasa o mismo ca Pedra da Serpe, a estrada fixoa quedar a ras de chán, cando hai cincuenta anos estaba, tres metros no alto.
ResponderEliminar