Seguindo coa tipoloxía dos pendellos, despois de ter falado dos pendellos-expositores, as casetas-almacén, quédanos por explicar o cometido e estrutura dos pendellos-comedor.
Estes pendellos son os de maiores dimensións de cantos hai no recinto. En Agolada houbo nove pendellos-comedor, dos que aínda quedan seis, algún deles con elementos alterados.
Son edificios de planta rectangular, edificados con sólidos muros de cachotería granítica. Nunha destas paredes soe haber grandes fiestras con celosía de barrotes para permitir a iluminación do local e a ventilación. No interior sempre había unha lareira nun dos recantos e ás veces un mostrador sinxelo. O resto do local estaba ocupado por rústicas mesas e bancadas fixas, construídas con madeira de pino. Os clientes acudían co "pulpo", traído desde a caldeira dos "pulpeiros". No pendello mercaban o pan, o viño, a carne ao caldeiro, o café, a augardente...
Case todos estaban en pleno funcionamento nos anos 60 do pasado século e a partir de 1970 foron pechando paulatinamente ao quedar en inferioridade de condicións respecto das casas de comidas que ían abrindo na vila. Outros pereceron vítimas da política de tirar pendellos para colocar asfalto.
Na foto de arriba, do Museo de Pontevedra (1966), vemos senllos pendellos-comedor á dereita e á esquerda.

Na foto de abaixo (a única que posúo no interior dun pendello-comedor) vemos a un grupo de mozos de Agolada e outros invitados o día 12 de abril de 1976 despois de comer o "pulpo". Dous anos despois tiraron este pendello e outros nove para ampliar a praza e darlle saída ao Paseo da Parranda. Este chamábase o Pendello do Souto.
Aquí podemos ver a Carlos García Cumplido, Pastor Fuenteseca Díaz, Nilo García García, Charo, Jesús Chorén, Luís García Chorén, Miguel de Artoño, Francisco Javier Varela, Manuel Busto, José Antonio Abeledo Magariños e Carlos Soengas López.
E a que lle servía as viandas ós malandríns é Julia (ó fondo na foto), a filla mais vella do Souto e nai da única policía municipal de Lalín.
ResponderEliminarJosé Luis Sucasas.