12 de xullo de 2007

CARROS

Na foto superior vemos un carro cargado de herba seca diante da casa de Sarandeses en Ferreiroa . O que tira da corda é o Xosé da Franqueira, tío do Rivas de Agolada. É da autoría de Fidel Torreiro, realizada coa antiga Nikormat.
....
¡Carriño forte e xeitoso
meu carriño,
arrolador e mimoso
como o berce dun meniño!
¡Meu carriño cantareiro!
¡O de xugo e cabezalla
coa puntiña da navalla
pulidos da miña man!
Sempre ó paso, sempre xuntos
entre estripos, e entre flores,
cantemos nosos amores
sen saír do noso chan!
¡Meu amor de carreteiro!
¡Meu carriño!
¡O do eixo de ameneiro
e os canizos de sanguiño!
Lévame, meu carro, leva
pola meiga terra nosa
que a miña alma saudosa
lonxe dela non se afai.
¡Lévame por onde escoite
a fala doce e sentida
entre bicos deprendida
no colo de miña nai!
¡Roda polos nosos eidos!
Anque hai lama no camiño
¡é túa terra, meu carriño
e a terra de meus avós!
... Ramón Cabanillas
Na foto de abaixo aparece nos anos 60 o Cambote de Friufe conducindo o carro despois de ir ao muíño do Benito. Sobe pola estrada principal de Agolada. Está xusto diante do bar do Aurelio. A foto pertence ao álbum da familia Cambote.

2 comentarios:

  1. so vou dicir unha cousa: emocioneime moito moito con este post.

    ResponderEliminar
  2. Agora é case imposible topar un carro de vacas polos camiños ou estradas.
    Chega a tal punto que na procesión da Virxe do Libramento en Arbo o carro de bois foi sustituido hai tres anos por un tractor que non topan unha parella de bois para xungar no carro.

    ResponderEliminar