8 de xullo de 2007

CRUCEIRO EN ÓRREA

É un cruceiro único dentro dos que coñezo en Agolada. Ten o pedestal nun ribazo do camiño. O fuste e os brazos son cilíndricos. A intersección dos brazos está resolta cun círculo. Sen iconografía. Máis que un cruceiro é unha cruz. Está no cruzamento dos camiños de Val de Sangorza e o que entra na aldea de Costela (Órrea).

Ningún comentario:

Publicar un comentario