8 de xullo de 2007

HÓRREO SORPRENDENTE

É ben certo o dito de que cada día nos depara cousas novas. Teño pasado ducias de veces preto deste hórreo e nunca ata hoxe os meus ollos repararan no sorprendente remate que hai sobre a porta.
Isto lémbrame aquelas palabras de D. Vicente Risco "...poderala volver andar e cada día has descubrir cousas novas..."
Todo un aeroplano pilotado. De que época? Non vin ninguna inscrición coa data.
Avión e piloto totalmente en granito agás as ás. Paréceronme de ferro recubertas de cemento.
Este hórreo está en Adelán, no concello de Rodeiro, a 10 Kms de Agolada.
Presenta ladrillos no costal no canto das doelas de castiñeiro. Feísmo demasiado estendido. 
O avión semella un remate algo desmedido. Iso si, chama a atención poderosamente. Probablemente sexa único.

Ningún comentario:

Publicar un comentario