8 de xullo de 2007

TRÍO DE CEGOÑAS EN ACHACÁN

O do cambio climático non é conto. Os animais son quen primeiro o detectan. Nunca antes se soubera da existencia de cegoñas en Rodeiro. Hai algúns anos que acoden ao Val de Camba. Neste caso vemos un niño enriba dunha cheminea da Casa Grande de Achacán., a 11 Kms de Agolada. En poucos anos están no noso concello. No niño hai tres cegoñas.
¿Será que as cegoñas se animaron a visitarnos con máis frecuencia desde que Zapatero prometeu 2.500 € por cada viaxe?
(Tiven que facer a foto desde lonxe e o teleobxectivo non foi quen de acercar máis a escena. Síntoo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario