Casa do Amor, apelido do propietario. É unha casona que presenta elementos arquitectónicos que a distinguen do resto, ao igual que sucede coa Casa do Convento e a Casa de Mendoza.
A balconada apoiada sobre airosas ménsulas graníticas, paramentos dos muros con perpiaños de notables dimensións, a existencia de lagar (foto da esquerda), inutilizado e relegado na actualidade; unha portada enmarcada en grandes perpiaños graníticos, concédenlle a prestancia suficiente para clasificala xunto ás casas fidalgas.
Actualmente presenta serias alteracións respecto da fábrica primitiva.
En Basadre, a presencia do granito é destacable porque en toda a ribeira ullá de Agolada non hai granito. Tíñano que carretar desde canteiras que estaban distanciadas preto dunha legua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario