Velaquí tedes o equipo de fútbol de Agolada de mediados dos anos 60. Fixeron esta foto nunha saída que realizaron ao veciño concello de Rodeiro para dirimir sobre o campo a loita tras o balón. Na viaxe pararon en Adelán (Guillar) e alí fotografáronse para a posteridade. Incluso en roupa de paisano tiñan pose de futbolistas. Entrenaba o Costa da Praza.
De esquerda a dereita están: arriba, Niso Coego, Suso Blanco, ¿?, Pepe do Víctor, Pintor, Eugenio, Tuchiño, Luis de Outeiro, Eloy e Costa; abaixo, Benitín, Pepe de Outeiro, Ovidio do carteiro, Félix, Pepe da Carmela e Pepe de Sidorio de Ventosa.
Anécdota do día: todos os da foto, 16 en total, viaxaron no taxi de Eloy, un vehículo dos anos 50, de seis prazas. Seguro que infrinxía as normas de Tráfico pero en calquera caso xa prescribiu a anécdota.
(A foto é do álbum de Xosé Vázquez Pintor).
Ningún comentario:
Publicar un comentario