Hai dous meses pasei polas terras ribeireñas do Miño en Guntín. Ía coa intención de fotografar os pendellos de Lousada en Guntín. Non quedaba nada deles. Foi unha feira importante que despareceu totalmente na actualidade. Esta primeira frustración viuse compensada un pouco máis adiante pola descuberta da casa-torre-fortaleza de A Mota, construída como atalaia defensiva na marxe dereita do Miño onde as terras de Guntín ollan as veciñas de Portomarín, O Páramo e O Corgo.
O castelo está necesitado dunha boa restauración, pero a paraxe é inmellorable.
Esta nosa Terra está chea de pequenas alfaias esparexidas pola xeografía con sabia equidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario