23 de agosto de 2007

FEIRA DO TRES


A importancia das feiras na Galicia rural vén desde a Idade Media ata os nosos días. Foi nos últimos vinte anos cando máis cambios experimentou o rural e tamén as feiras.
Da primitiva importancia queda constancia na toponimia. Nalgúns lugares foi primeiro a feira e logo as casas.
É o caso do lugar da foto, Feira do Tres (tamén lle chaman O Tres), no concello de Vilarmaior (A Coruña), preto de Miño. Na foto de abaixo vese unha rúa e unha zona arborada que corresponden ao antigo campo da feira. Debeu ser tal a importancia que incluso houbo un cine. Se houbo pendellos, hoxe non queda nada deles.

1 comentario:

  1. Estou co�ecendo a sua zona, poda que millor dos que ah� habitan. Moi bo o seu traballo, e van..

    ResponderEliminar