Este cruceiro de Bidueiros, recollido en dúas fotos, é un dos dous que hai no lugar de Bidueiros, parroquia de San Pedro de Ferreiroa. Neste lugar fíxéronse camiños de concentración parcelaria e segundo me dixeron foi trasladado desde un cruzamento de camiños que quedara no interior dunha das parcelas. Foi levado para unha horta particular.
É un cruceiro que sorprende pola singularidade e pola súa rusticidade, tosco, orixinal, curvado, mutilado.
Presenta un pedestal con falso tronco piramidal, fuste cilíndrico lixeiramente curvado, un capitel tronco-cónico mal labrado que presenta un altorrelevo coa efixie da Virxe e sobre el unha cruz de brazos moi curtos co Cristo encravado. No pao superior parece representar o rótulo do INRI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario