1 de agosto de 2007

MÁMOA EN COUSO DE ABAIXO

Este túmulo do Neolítico foi erixido hai máis de 5.000 anos no monte de Couso de Abaixo. Está nunha zona de concentración parcelaria e foi respectado na súa integridade. Presenta un pequeno cráter na cima, que certifica a súa profanación no pasado. A simple vista é difícil averiguar se posúe cámara dolménica.
Figura catalogada por Patrimonio co nome de Mámoa do Monte das Mámoas 3.
A inxente abundancia de mámoas por todo o concello evidencia que o territorio municipal de Agolada contaba cunha poboación significada na época da pedra puída.

Ningún comentario:

Publicar un comentario