1 de agosto de 2007

BAR DO CAMBOTE

En trinta anos mudan moitas cousas. Desaparecen persoas, edificios; cambian os costumes, evoluciona a economía, empobrécese a demografía... Exemplo de todo isto podería ser o pequeno concello de Agolada, que experimentou avances importantes na economía, nas comunicacións, etc. e sufriu serios retrocesos na perda de costumes consolidados de antigo e na poboación, diminuída e avellentada.
Na foto aparece o bar de Manuel "O Cambote", que suscitou o interese de Ton von Vliet. Un bar esquemático e funcional, onde non falta Manuel abrindo un cervexa, a talla doutro barman atento e inmutable, a radio de válvulas e os calendarios vestindo os andeis que as botellas non enchen. Hoxe non están nin Manuel nin o bar e o local foi reformado para acoller unha vivenda. E para moitos non queda nin o recordo.

1 comentario: