1 de agosto de 2007

POMBAL DA CASA DE LICERIO EN AS TRABANCAS

Os pombais aparecen habitulamente en pazos ou en casas fidalgas. Criaban pombas, que degustaban coma un manxar restrinxido ás clases con poder.
O inventario de pombais no concello de Agolada é pequeno. Presumo de ter percorrido case todo o municipio e creo que salvo sorpresas, deberan ser cinco os pombais tradicionais e outros dous máis recentes feitos de ladrillo ou bloque. Hai pombais no pazo de Borraxeiros, na casa de Frade en Berredo, na rectoral de Brocos, na casa de Sarandeses en Ferreiroa e na casa de Licerio en As Trabancas (que aparece na foto). Na imaxe aparecen tamén o hórreo e o valado-muralla que rodea o eirado da casa, valado rematado con pináculos en algunhas das súas esquinas.

3 comentarios:

  1. Non sei se isto durou ata a actualidade, pero durante a Idade Media eran moi abundantes posto que a palomina, ou sexa, o abono que producían era altamente valorado. Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Descoñecía por completo o nome do abono de excrementos de pomba e do seu valor. Loxicamente tampouco sei se seguiu aproveitando ata tempos recentes.
    Grazas polo comentario e saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Por aquí é mui típico pór pombeiros nos canastros.
    A cachicha das pombas non se aproveitan.

    ResponderEliminar