31 de xullo de 2007

VÉRTICE XEODÉSICO DO FARELO

Sobre este monolito de formigón pivota a mensura xeográfica de boa parte do antigo condado decense e da área lucense que vai desde o Faro ata a os montes da Vacaloura e ata o Picato.
No concello de Agolada hai dous vértices xeodésicos: o da imaxe, que está no Pico do Farelo e o que hai en Pena Maior, case no centro do municipio.
Estes sinais foron colocados polo Instituto Xeográfico Nacional e a súa destrución ou mutilación está penada pola Lei.
Un perdona o formigón no curuto destas rochas porque sabe do importante uso deles e porque as chuvias e os soles terminaron por mimetizalos cos penedos.

1 comentario:

  1. Tamén hai outro nos montes da Serra de Agra. Concretamente no Coto da Serra.
    https://www.google.es/maps/@42.825588,-8.0940726,197m/data=!3m1!1e3!5m1!1e4?hl=gl

    ResponderEliminar