18 de agosto de 2007

DEPÓSITOS DESPROPÓSITOS

Unha das variadas mostras do feísmo que afecta ás nosas aldeas e vilas é a ubicación e a solución que lles damos aos depósitos da auga corrente.
É algo común e frecuente que afecta á meirande parte do noso territorio. O problema quizais veña derivado da diseminación da poboación, cuestión que non favorece a acometida colectiva para cada núcleo habitado. Tamén inflúen outros factores: descoñecemento das posibles solucións, abaratamento de custos, pouco ou nulo sentido da estética...
Nas fotos que vos ofrezo, case todas do concello de Agolada, vemos depósitos que nacen no medio do tellado da casa, nunha esquina, outros exentos da vivenda medran coma pirulís no medio dos prados, outros sobre trepias xigantes, compiten cos postes da luz e son ambivalentes: a mesma trepia serve de soporte da antena de TV. Outros queren mimetizarse coa pintura da fachada da casa, sen que o resultado merme a desfeita.
Non digo máis, cadaquén que xulgue á vista do que se ofrece.











1 comentario:

  1. eu teñoos visto con formas que, máis que disimulalos, o que buscan -con maior ou pior fortuna- é que semellen simpáticos.

    ResponderEliminar